Fakaleiti

Os fakaleiti (tamén chamados leiti, fakafefine ou lady) son homes tonganos que se comportan de xeito efeminado ao contrario co resto dos homes do arquipélago, que tenden a comportarse dunha maneira moi masculina.

O termo fakaleiti (cun longo i no final) está formado polo prefixo faka- (na maneira de) e o empréstito anglosaxón lady (dama). Os fakaleiti prefiren autonominarse como leiti ou ladies. Os fakaleiti ou fakafefine aseméllanse aos samoanos fa'afafine e os hawaianos mahu.


Developed by StudentB